Iván Villar colle a remuda baixo paus no partido contra o Betis
Seferovic entra na convocatoria e podería debutar no partido que se xoga este sábado ás 21:00 horas
Nun momento crucial da temporada, o Celta perde o único xogador do equipo que disputou todos os minutos dos partidos da Liga. Sen Marchesín baixo os paus, os vigueses buscarán ante o Betis a segunda vitoria consecutiva do equipo. Algo que non sucede dende fai meses.
A baixa do arxentino fai pensar ademais nun dato relevante: nas cinco vitorias conseguidas este curso, o Celta non recibiu gol. Carvalhal non desvela se reforzarán esa posición. O cambio na norma obriga a fichar un porteiro sen contrato.
Carvalhal si valorou, pola contra, a incorporación de Seferovic este mercado de inverno. O dianteiro suizo podería xogar os seus primeiros minutos co equipo este sábado no Benito Villamarín.