Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iván Feijoo debutará coa selección absoluta nos europeos de ciclocrós

Iván Feijoo debutará coa selección absoluta nos europeos de ciclocrós

A proba dispútase o domingo na localidade holandesa de Drenthe

Laura Mira, Uxía Soto, Ricardo Buba , Carla Fernández e Miguel Rodríguez completarán a representación galega na cita continental

Iván Feijoo da este ano o salto á máxima categoría Iván Feijoo da este ano o salto á máxima categoría
G24.gal 02/11/2021 20:28

O ciclista  Iván Feijoo xogou onte "Ao Contraataque". Ós seus 22 anos,  este próximo fin de semana estrearase coa selección absoluta nos Campionatos de Europa de ciclocrós que se celebrarán na localidade holandesa de Drenthe.

O allaricense recoñeceu non chegar no seu mellor momento xa que este ano priorizará o calendario de MTB onde loitará por ter opcións de disputar os próximos Xogos Olímpicos de París.

Galicia tamén aportará outros cinco ciclistas nas diferentes categorías: Laura Mira, Uxía Soto, Ricardo Buba , Carla Fernández e Miguel Rodríguez

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar