Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección sub-19 dos célticos Anxo Rodríguez e Antañón proclámase campioa de Europa

A selección sub-19 dos célticos Anxo Rodríguez e Antañón proclámase campioa de Europa

O combinado de Gallardo completou un torneo espectacular, sen encaixar ningún gol, para facerse co décimo torneo continental

Os dous futbolistas galegos tiveron protagonismo na fase final, e xogaron a final contra Alemaña, que gañaron 2-0

Foto: @CanteiraCeleste
G24.gal 12/07/2026 14:45

Primeiro foi a selección feminina sub 19 a que se proclamou campioa de Europa. Agora fíxoo a masculina, coa presenza dos célticos Antañón e Anxo Rodríguez. Impúxose por dous a cero a Alemaña.

Os dous tantos chegaron en minutos chave do partido. O primeiro no 43 marcado por Hugo López e o segundo, no 47 logrado por Mario Rivas.

Os rapaces de Gallardo completaron un torneo inmaculado con cinco vitorias en cinco partidos, dezanove goles marcados e ningún recibido. O dianteiro do Betis, José Antonio Morante rematou como máximo realizador do torneo con catro tantos. E o seu compañeiro de equipo Manu González foi o porteiro menos goleado.

O triunfo supón o décimo título da historia para o combinado estatal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade