Cargando resultados...
Iván Serrano comanda un podio totalmente español no GP Marqués de Riscal en Casas Novas
O xinete montaba o seu veterano cabalo Rain Man
Bautista Rodríguez e Pilar Lucrecia Cordón completaron o podio desta proba que pechaba o CSI
Foto: CSI Casas Novas
G24.gal
12/07/2026 20:08
Dominio español no Gran Premio Casas Novas Trofeo Marqués de Riscal. Venceu Iván Serrano con Rain Man que realizou un percorrido perfecto, sen erros e moi rápido, 40 segundos e 58 centésimas. Superou en case tres segundos a Bautista Rodríguez, que foi o segundo. Terceira quedou Pilar Lucrecia Cordón.
Foi un concurso case perfecto para Iván Serrano porque gañou tamén o Gran Premio Caixa Bank do venres montando ao seu cabalo Rain Man.