Publicador de contidos

Publicador de contidos

O belga Devos con Karina gaña o Gran Premio de Casas Novas

O belga Devos con Karina gaña o Gran Premio de Casas Novas

Segundo foi Whitaker e terceiro, Ahlmann

A proba é valedoira para a Copa do Mundo

G24.gal 07/12/2025 12:55 Última actualización 07/12/2025 13:05

O xinete belga Pieter Devos e a súa montura Karina conseguiron este sábado o triunfo no Gran Premio Longines de Casas Novas. O belga protagonizou sobre a area de Arteixo un bonito duelo no desempate co británico Whitaker e co alemán Ahlmann. Segundo e terceiro, respectivamente. O percorrido era de 1,55 en alturas, con desempate.

En canto ás outras probas disputadas este sábado, no trofeo Porsche, unha proba de habilidade e velocidade con 1,30, a vitoria foi para Amelie Gachoud. E no Malard, que consistía nunha contra o reloxo en alturas de 1,40, o máis rápido foi Javier González Fraga.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade