Publicador de contidos

Iván Cruz a Laura Quevedo "Pedinlle matrimonio na Praia das Catedrais e dixo que si"

Iván Cruz a Laura Quevedo "Pedinlle matrimonio na Praia das Catedrais e dixo que si"

O pívot do Breogán e a aleiro do Estudiantes confirmaron no Galicia en Goles o seu enlace

G24.gal 06/11/2021 21:31

O Pazo viviu esta tarde unha dobre celebración, o triunfo breoganista ante o Canarias e o anuncio da voda entre os dous baloncestistas de elite.

Iván Cruz contoulle a Alfonso Pardo  no Galicia en Goles como foi a petición.

"O outro día fomos á Praia das Catedrais, un lugar tan bonito e idílico. Alí pedinlle matrimonio e dixo que si. Aínda non sabemos a data. É outro regalo xunto a esta vitoria. Temos que seguir así. Gañar permítenos estar arriba na clasificación"

Pola súa banda, a aleiro do Estudiantes, tamén contou a súa versión do enlace.

"Aproveito esta fiestra que non hai liga para poder vir e visitalo. E pasou isto. Eu si que lle digo os defectos para que mellore" 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos