Cargando resultados...
Investigan unha presunta agresión sexual nun instituto de Tarragona
Cinco menores agrediron presuntamente dous compañeiros de 12 anos

G24.gal
16/03/2023 08:18
Os Mossos d'Esquadra investigan unha posible agresión sexual nun instituto de El Vendrell, Tarragona. Sucedeu o pasado 3 de marzo. Cinco menores agrediron presuntamente dous compañeiros de 12 anos durante a hora do recreo neste instituto. Atacáronos e realizáronlles tocamentos.
Dous dos supostos agresores, de 15 anos, están en liberdade vixiada. Os outros tres non poden ser imputados ao teren menos de 14 anos.