Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan un roubo con forza no quiosco da ONCE de Arteixo

Investigan un roubo con forza no quiosco da ONCE de Arteixo

Un dos cristais quedou completamente estragado

O ladrón só levou unha grampadora, bolígrafos e varias moedas de céntimos

G24.gal 22/03/2023 14:26

Aconteceu de madrugada e un dos cristais do quiosco da ONCE, situado na rúa principal de Arteixo, quedou completamente estragado por mor dos fortes impactos que deron cun obxecto contundente.

O obxectivo non era outro que roubar. De feito, o ladrón meteu a man polo burato e colleu o caixón. Porén, por seguridade, non deixan cartos. 

Así que o botín foi unha grampadora, bolígrafos e varias moedas de céntimos. Porén os danos foron moito maiores xa que José Antonio, o vendedor, ten que despachar na rúa ata que lle repoñan o cristal.

A Garda Civil xa abriu unha investigación para poder dar co autor ou autores deste delito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade