Investigan se o corpo mutilado que apareceu en Marbella é o dunha moza desaparecida o domingo
O seu exmozo está detido á espera de que o ADN confirme a identidade do corpo

A policía investiga un posible crime machista na localidade malagueña de Marbella.
Os axentes detiveron un home pola presunta implicación na desaparición dunha muller coa que tivera unha relación.
A moza está desaparecida dende o pasado domingo.
Precisamente ese día atoparon nunha praia un cadáver sen cabeza e sen mans. E a familia da muller cre que podería ser o seu corpo.
Agora estanse facendo probas de ADN para confirmar a identidade do corpo e para saber se ambos os casos, a desaparición da muller e a aparición do cadáver na praia, son en realidade o mesmo.
A desaparecida denunciara por malos tratos o seu exmozo. O home tiña unha orde de afastamento dela. Quebrantar esta orde é o motivo, de momento, do seu arresto.