Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan o maltrato dunha vaca abandonada nunha carballeira de Campo Lameiro

Investigan o maltrato dunha vaca abandonada nunha carballeira de Campo Lameiro

Un veterinario sacrificouna para acurtar a súa agonía porque estaba en moi mal estado

Suponse que tiña unha cría e que a ataron a unha árbore para roubarlla máis facilmente

 

G24.gal 12/05/2023 14:26 Última actualización 12/05/2023 14:55

Ninguén sabe de quen é a vaca nin como chegou a estar atada nunha carballeira próxima ao lugar de Couso, no límite entre Moraña e Campo Lameiro. Aí é onde a atoparon os responsables do Concello cando se foron ocupar do asunto xunto cun veterinario tras recibir a alerta dos veciños.

O único que puideron facer foi apurar o sacrficio do animal, que xa estaba en plena agonía e convertida nun criadeiro de moscas. O Concello informou tamén a Garda Civil, que abriu unha investigación do Seprona ante as evidencias de que se trata dun posible caso de maltrato animal. 

Suponse que a vaca formaba parte das mandas de gando bravo que algúns gandeiros crían nos montes desta zona e que a miúdo se achegan ata lugares máis baixos. 

O feito de que aparecera nun lugar non moi afastado dunha estrada fai supoñer que podería andar cunha cría e que algúen a atou á árbore alí para facilitar a captura do becerro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade