Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alerta en Cangas pola aparición de bolsas de veleno na praia de Rodeira

Alerta en Cangas pola aparición de bolsas de veleno na praia de Rodeira

O Seprona da Garda Civil investiga a orixe do raticida, que tamén atoparon uns mariñeiros nos seus trebellos de pesca

Piden precaución aos donos de mascotas para evitar que poidan inxerir o veleno

G24.gal 05/05/2025 14:24

Preocupación en Cangas pola aparición de veleno nas praias. A primeira vez, no paseo da praia de Rodeira. É un lugar moi transitado ao que acoden cada día moitos veciños a camiñar e a pasear as súas mascotas. A segunda bolsa atopárona uns mariñeiros nos seus trebellos de pesca. Xa non é a primeira vez que sucede isto en Cangas. 

Están a difundir a través das redes sociais as fotografías do veleno. Queren que os propietarios dos cans actúen con rapidez porque as primeiras horas son vitais. Se teñen sospeitas de que puido comer o veleno, deben acudir ao seu veterinario. 

É importante amais denunciar, acudir á Policía Local ou á Garda Civil para que poidan dar coa orixe do veleno.

O Seprona da Garda Civil está a investigar a orixe do veleno. Din que é raticida, de uso legal, que se utiliza para matar ratos e que podería aparecer nestes lugares pola mala praxe dun particular sen intención de poñer en risco aos animais que pasean por Cangas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade