Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan dous homes da Lama por envelenar e arrastrar unha cabra cun todo terreo

Investigan dous homes da Lama por envelenar e arrastrar unha cabra cun todo terreo

A Garda Civil cre que a intención era atraer lobos para abatelos

G24.gal 20/10/2022 16:23

Investigan dous veciños da Lama, en Pontevedra, por empregar o cadáver envelenado dunha cabra como cebo para matar lobos.

Supostamente arrastraron o corpo do animal varios quilómetros, tirando del cun todo terreo. O obxectivo, deixar un rastro que chamase a atención dos lobos, para despois abatelos.

O Seprona abriu unha investigación para aclarar as circunstancias deste suposto delito. Os investigados son dous homes de 27 anos, que poderían ser acusados dun delito contra a protección da fora e a fauna. 

Tras ver as imaxes dunha cámara de 'fototrampeo' situada na zona, os axentes do Seprona viron como o todo terreo arrastraba a cabra.

As análises realizadas no laboratorio revelaron que o cadáver contiña un veleno chamado 'fanamifos', cuxo principio activo se atopa na composición de dous produtos, catalogados como tóxicos e que son mortais por inhalación ou por inxestión. A súa comercialización está prohibida na Unión Europea desde o ano pasado.

A Garda Civil, tras localizar o todo terreo, logrou identificar os autores destes feitos.

As autoridades resaltan que a zona boscosa onde se atopou o animal envelenado trátase dun hábitat no que se ten documentado a presenza do lobo.

O arrastre do animal morto varios quilómetros por unha pista, engade a Garda Civil, ten como obxecto deixar un rastro que estimule o instinto depredador do lobo e, desta forma, eliminar exemplares desta especie. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade