Publicador de contidos

Publicador de contidos

"O empregado fiel", nova ameaza para as empresas vítimas de ciberataques

"O empregado fiel", nova ameaza para as empresas vítimas de ciberataques

O 70 % dos ciberataques prodúcense nas pequenas e medianas empresas 

Este ano os ciberataques aumentaron un 35 % en España

G24.gal 08/05/2025 14:24

España atravesa un dos seus peores momentos en ciberseguridade. Un de cada cinco delitos que investiga a Garda Civil xa son ataques por internet, pero a tendencia é que, en pouco tempo, sexan xa o 25 por cento.

Para que se fagan unha idea da magnitude, Juan Salón, xefe da Unidade de Coordinación de Ciberseguridade da Garda Civil, asegura que, se falásemos de violencia machista, "non nos falariamos homes e mulleres" e advirte que "só coñecemos a punta do iceberg, hai moito máis que permanece oculto porque non se denuncia" A banca é o principal obxectivo dos delincuentes informáticos, que cada vez atacan máis empresas. 

Este ano, este tipo de delitos aumentaron un 35 % en España. Hai, de media, máis de 45.000 intentos diarios. As consecuencias varían segundo o tipo de vítima. Unha peme pode sufrir perdas de entre 2.500 e 60.000 euros, mentres que nas grandes compañías, os danos superan os 5 millóns de euros de media, ao sumar os custos de rescate, a interrupción da actividade, a perda de información e o dano na reputación da marca.  

"O empregado fiel"

Os delincuentes a través da rede, non teñen límites nin escrúpulos. Un ataque en alza é o chamado "empregado fiel". Poñen ao traballador nunha disxuntiva: debe decidir entre pagar ou prexudicar a empresa. E algúns deciden "retirar diñeiro da súa conta persoal para non prexudicar á empresa", advirte a Comisaria Xefa da Policía Nacional de Santiago, Nuria Esther Palacios.

En España, toda persoa ou empresa vítima dun ciberataque ten á súa disposición o teléfono 017, onde expertos lle asesorarán sobre os pasos a seguir.

Expertos reunidos na Confederación de Empresarios de Galicia puxeron en valor a importancia de investir en seguridade. Foi durante unha xornada na que participaron unhas 70 empresas de diversos sectores, desde banca, universidade ou turismo.

Fátima Báñez, presidenta da Fundación CEOE, explicou que "+Ciberseguridade" é unha alianza público-privada que percorre España e que chega a Galicia para concienciar, preparar e formar ás Pemes. Báñez sinalou que "existen dous tipos de empresas: as que sufriron un ciberataque e as que o van a sufrir".

Durante a súa intervención, o presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, incidiu en que a "ciberseguridade non debe entenderse unicamente coma un elemento clave, tamén debe verse coma unha vantaxe competitiva e unha oportunidade".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade