Publicador de contidos

Publicador de contidos

O detido en Ribeira acusado de acoitelar o pai pasa este luns a disposición xudicial

O detido en Ribeira acusado de acoitelar o pai pasa este luns a disposición xudicial

A vítima permanece ingresada no hospital universitario de Santiago en estado crítico

G24.gal 02/11/2025 12:30 Última actualización 02/11/2025 12:49

O home acusado de acoitelar o seu pai en varias partes do corpo e deixalo ferido de gravidade permanece detido na comisaría da Policía Nacional de Ribeira. Está previsto que pase a disposición xudicial este luns, de acordo coas previsións do TSXG.

Segundo fontes próximas ao caso, a agresión comezou dentro da casa familiar sobre as 14:30 horas deste sábado e rematou en plena rúa, no lugar de Vixán, na parroquia de Carreira. Ao parecer, pai e fillo estaban rifando por mor dun asunto de hai anos. 

A policía arrestou o mozo nas inmediacións do domicilio e a vítima, que perdeu moito sangue, tivo que ser trasladada en ambulancia. Primeiro ingresou no hospital comarcal do Barbanza e agora continúa en estado crítico no Clínico de Santiago. 

Axentes da Científica estiveron recollendo probas no lugar dos feitos para tentar esclarecer as circunstancias do suceso. No operativo participaron tamén axentes da Policía local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade