Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a posible participación "directa ou indirecta" dunha terceira persoa no caso Andic

Investigan a posible participación "directa ou indirecta" dunha terceira persoa no caso Andic

Nun novo auto, a xuíza pon o foco no papel que puido ter a psicóloga da familia 

Pídelle tamén a Vodafone a listaxe das chamadas do móbil que Jonathan dixo que lle roubaran en Ecuador

Jonathan Andic está en liberdade provisional acusado de homicidio poa morte do fundador de Mango

G24.gal 03/06/2026 14:58

Nun principio, a morte de Isak Andic durante unha excursión pola montaña de Montserrat en decembro de 2024 en compañía do seu fillo considerouse un accidente. Pero case ano e medio despois, a xuíza que leva o caso emitiu un auto no que acusaba de homicidio a Jonathan Andic. 

Segundo o xornal El País, duas semanas despois dese auto, a maxistrada acaba de solicitar nunha nova resolución que se investigue "a existencia dunha terceira persoa que directa ou indirectamente participara nos feitos".

Refírese expresamente á terapeuta familiar, que supostamente, segundo o auto previo, se amosou partidaria de que o fundador de Mango lle pasara a "herdanza en vida" ao fillo, tal como ao parecer pretendía Jonathan Andic desde o momento en que soubo que seu pai quería facer unha fundación benéfica co seu legado. 

Aínda que non lle dá a condición de investigada, a xuíza pretende que se aclare a relevancia do papel da psicóloga como mediadora, igual ca pedira xa previamente a fiscal do caso. Para iso será citada a declarar proximamente nos xulgados de Martorell.

Este novo auto da xuíza insiste na necesidade de seguir investigando para “poder determinar con exactitude a posible participación de Jonathan Andic" na morte do pai.

Nesa liña pídelle a Vodafone o rexistro das chamadas do teléfono que supostamente lle roubaron nunha viaxe de negocios en Ecuador, en marzo do ano pasado, cando se empezaban a publicar as primeiras noticias sobre a reapertura da investigación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade