Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sarah e Judith Andic apoian o seu irmán, acusado de homicidio pola morte do fundador de Mango

Sarah e Judith Andic apoian o seu irmán, acusado de homicidio pola morte do fundador de Mango

Este venres as dúas fillas de Isak Andic declararon por primeira vez no xulgado de Martorell

Na investigación policial mantiveron que pai e fillo non tiña mala relación  

Rexeitan tamén que seu irmán teña "unha obsesión polos cartos", como argumenta a maxistrada no auto de acusación

 

G24.gal 03/07/2026 14:34

O patio que dá acceso aos xulgados de Martorell amenceu un día máis invadido de cámaras e xornalistas. A expectación este venres debíase á citación de Sarah e Judith Andic, as fillas do fundador de Mango, que chegaban á sede xudicial sobre as dez e media da mañá. Non transcendeu o que declararon, pero os que seguen o caso dan por suposto que reafirmarán o apoio expreso ao seu irmán, como xa fixeran na fase de investigación policial.

En contra do que sostén a xuíza instrutora, que acusa a Jonathan Andic de homicidio pola morte do pai, as irmás Andic manteñen que tiña unha boa relación co seu proxenitor, falecido por unha caída en Monserrat en decembro de 2024, cando facían unha excursión. Negan tamén as irmás que Jonathan teña "unha obsesión polos cartos", como argumenta a maxistrada no auto de acusación. Din que os tres sabían que seu pai pretendía crear unha fundación para xestionar o patrimonio familiar e que lles parecía ben. 

 

Isto non casa coa versión que mantén a parella do pai, Estefanía Knuth, que sostén que o cambio de testamento que pretendía facer Isak Andic xerou friccións co fillo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade