Publicador de contidos

Publicador de contidos

A parella do dono de Mango di que Isak Andic ía cambiar o testamento para facer unha fundación

A parella do dono de Mango di que Isak Andic ía cambiar o testamento para facer unha fundación

Estefanía Knuth ampliou a súa declaración policial previa na comparecencia no xulgado de Martorell 

A dotación para a fundación Andic mermaría o legado que tiñan asignado os herdeiros 

A defensa do fillo, acusado de homicidio, mantén que Jonathan Andic coñecía e apoiaba o proxecto do pai

G24.gal 02/07/2026 14:29

A última parella de Isak Andic, Estefania Knuth, ratificou este martes no xulgado de Martorell o que xa declarara na instrución policial previa. Pero a maiores confirmou que o creador de Mango pretendía cambiar o testamento para crear a Fundación Andic, unha entidade con fins sociais. Financiaríase cunha parte do seu patrimonio, estimado nuns 4.500 millóns de euros, segundo a revista Forbes.

Co cambio, minguaría a parte a repartir no seu día polos herdeiros, entre os que está o seu fillo Jonathan Andic, actualmente acusado de homicidio pola morte do empresario.

A xuíza do caso sostén a acusación nas supostas desavinzas entre pai e fillo pola xestión dese patrimonio millonario, e recalca entre os seus argumentos que Jonathan chegara a reclamar o adianto da súa herdanza.  

Os avogados do fillo e tamén as súas irmás, que este venres comparecerán no xulgado, negan que existira unha mala relación entre eles por mor dos cartos e aseguran que Jonathan coñecía e apoiaba o proxecto da fundación de seu pai.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade