"Axuda, o meu pai caeu por un barranco": sae á luz o audio ao 112 do fillo do fundador de Mango
A súa defensa di que demostra que non actuou con premeditación
Saen á luz os audios da chamada que o fillo do fundador de Mango fixo ao 112 tras a caída mortal do seu pai. Jonathan Andic alerta do accidente entre saloucos. Di que o seu pai caeu por un barranco e que non sabe desde que altura. Cando a operadora lle pide que intente falar con el, respóndelle que non é capaz de velo nin de oílo.
A conversa dura algo máis de dous minutos en que o fillo de Isac Andik dá detalles do lugar do accidente e pide axuda con insistencia. A defensa de Jonhatan Andic considera que estes audios demostran a desesperación do acusado e desmontan a tese policial de que actuou con premeditación. A Fiscalía, polo momento, oponse a levantarlle as medidas cautelares porque ve risco de fuxida.