Cargando resultados...
Investigan a morte dunha persoa nun accidente de tráfico na Coruña
A principal hipótese é que puido sufrir unha indisposición xusto antes do choque

G24.gal
13/02/2023 14:23
Última actualización 13/02/2023 14:45
A Policía Local da Coruña investiga a morte dunha persoa nun accidente de tráfico na cidade este luns, coa principal hipótese de que puido sufrir unha indisposición xusto antes do choque, segundo informaron fontes policiais.
O 112 recolle que o sinistro tivo lugar na zona de San Cristovo das Viñas, onde colidiron dous turismos. A outra persoa quedou ferida de consideración e foi trasladada polo 061 ata un centro hospitalario. O home que morreu tiña 66 anos.