Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pescudan a morte dunha muller nunha praia de Ponteceso

Pescudan a morte dunha muller nunha praia de Ponteceso

Sospeitan que se precipitou ao mar desde unha zona de rochas 

G24.gal 15/10/2023 09:09 Última actualización 15/10/2023 09:18

Unha veciña de Corme Aldea, en Ponteceso, foi localizada morta na cala de Santa Mariña, en Niñóns. Foi un particular quen atopou o corpo pasadas as seis da tarde deste sábado e quen contactou co 112 Galicia para dar o aviso.

Emerxencias mobilizou unha ambulancia do 061 e tamén desprazou ao lugar os bombeiros, a Garda Civil e Protección Civil de Ponteceso. Os sanitarios non puideron facer máis que certificar o falecemento da muller.

Á espera do que determine a investigación, as primeiras hipóteses indican que puido precipitarse ao mar desde unha zona de rochas próxima e que as correntes a arrastraron ata a area. A falecida saíra da casa unhas horas antes e a súa familia andaba a buscala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade