En liberdade os tres detidos pola liorta a machetazos nas festas de Coia
Están investigados por un delito de lesións
Un deles tamén declara hoxe por un delito de violencia machista
O xulgado de instrución número 6 de Vigo decretou a liberdade con cargos dos tres detidos por provocar unha liorta durante a montaxe das atraccións nas festas de Coia, en Vigo.
Todo apunta que a liorta xurdiu por desavinzas entre os dous clans por unha orde de afastamento que un home tiña respecto á súa exmuller.
Precisamente, un dos arrestados declara tamén hoxe en relación cun caso de violencia machista.
Segundo a organización da festa, os agresores non están entre os feirantes que se instalaron en Coia, pero si a muller e a súa familia.
Ao lugar trasladáronse unha decena de patrullas da Policía, que lograron evitar que o altercado fora a maiores. A pelexa saldouse cunha persoa detida.