Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigado en Mondoñedo por deixar sen alimento e sen auga os seus cabalos

Investigado en Mondoñedo por deixar sen alimento e sen auga os seus cabalos

O propietario foi imputado por un suposto delito de malos tratos animais

Imaxe de arquivo/Agostime/Europa Press Imaxe de arquivo/Agostime/Europa Press
G24.gal 06/04/2026 11:14

Axentes da Policía Autonómica imputaron como investigado por un suposto delito de malos tratos animais o propietario de varios cabalos que se atopaban en “situación de abandono” nunha leira situada na Cruz da Cancela, no municipio lucense de Mondoñedo, ata o punto de que un dos equinos xa estaba morto e outro non podía incorporarse e presentaba síntomas claros de inanición.

O estado destes animais saíu á luz durante un servizo de vixilancia, cando unha patrulla da Unidade de Medio Ambiente observou que había un poldro morto nunha charca e varios cabalos nunha leira sen acceso á auga e en “aparente estado de abandono”.

Ante esa situación, os axentes iniciaron de inmediato as pescudas necesarias para identificar á persoa responsable dos animais. Posteriormente, outro axente da mesma unidade desprazouse ao lugar e logrou localizar o propietario da leira.

No transcurso dunha inspección, os axentes da Policía Autonómica comprobaron que había outro cabalo tirado no chan, con síntomas claros de inanición e dificultades para incorporarse, polo que lle requiriron á persoa responsable que prestase de inmediato a atención necesaria aos animais da leira e garantise a subministración de auga.

Así mesmo, puxéronse en contacto cos veterinarios da Consellería do Medio Rural para asegurarse de que o cabalo que se atopaba en peor estado recibise atención urxente.

A persoa responsable dos animais foi imputada como investigada por un suposto delito de malos tratos animais e as dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Mondoñedo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade