Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interveñen 11 toneladas de droga a unha organización dirixida desde Marrocos

Interveñen 11 toneladas de droga a unha organización dirixida desde Marrocos

O líder da rede de narcotraficantes, detido en Marrocos, diríxía as operacións desde o país norteafricano

Hai dez detidos e o valor da droga no mercado podería alcanzar os 100 millósn de euros

Imaxes cedidas pola Garda Civil
G24.gal 03/12/2022 11:19

A Garda Civil e a Office Anti Stupéfiants (OFAST) da Policía Nacional Francesa interviñeron máis de once toneladas de droga a unha organización criminal que o líder dirixía desde Marrocos, nunha operación na que foron detidas dez persoas.

A Comandancia de Toledo informou este sábado nun comunicado de que aos detidos -oito homes e dúas mulleres- incautáronselles once toneladas de droga, 9.600 quilos de haxix e 1.450 quilos de marihuana, que, unha vez introducida no mercado europeo, podería alcanzar os 100 millóns de euros.

Os axentes comisáronlles oito armas de fogo, un teléfono satelital, dúas máquinas envasadoras de marihuana ao baleiro, diñeiro en efectivo, unha gran cantidade de teléfonos móbiles (a maioría encriptados) e material informático. Ademais de confiscar outros sete vehículos de alta gama (dúas deles con dobres fondos para ocultar a droga), tres raquetas detectoras de balizas, catro cámaras de vixilancia camufladas, sistemas de seguimento GPS, así como nove cabezas tractoras e nove semirremolques.

A organización dedicábase ao tráfico internacional de drogas entre Marrocos e España, con outros países europeos como Francia, Italia, Bélxica, Holanda e Romanía, e o seu líder tomaba importantes medidas de seguridade para evitar ser detido. Aos arrestados atribúenselles os supostos delitos de tráfico de drogas, branqueo de capitais, pertenza a organización criminal, tenencia ilícita de armas e falsificación de documentos.

Operación conxunta

Na operación, denominada 'Transpiloti-Escalada', participaron a Garda Civil e a OFAST da Policía Nacional Francesa co apoio de Europol e Eurojust. Iniciouse en novembro de 2020, cando a Garda Civil en Toledo recibiu unha Orde Europea de Investigación (OEI), emitida pola Autoridade Xudicial francesa con competencia solicitando unha investigación en relación con varias aprehensións de droga no país galo.

Á vez, a OFAST da Policía Nacional francesa abriu unha investigación no seu territorio por mor dun alixo de máis de 1,5 toneladas de marihuana e haxix interceptados en maio do mesmo ano.

Na OEI tamén se facía mención a outra incautación en 2018 de 2.340 quilos de haxix, relacionados coa mesma organización criminal. A principios de 2021, mentres se investigaba, detectouse unha coincidencia cunha investigación en curso levada a cabo pola Garda Civil en Málaga, na que se incautou na provincia de Granada, máis dunha tonelada de haxix e marihuana presuntamente atribuíbles á mesma organización criminal.

Na investigación conxunta entre os dous países constatouse  o alto nivel de complexidade que tiña a organización, xa que se detectaron dúas incautacións de 670 e 918 quilogramos de haxix por parte a Xendarmería francesa entre decembro do 2020 e febreiro do 2021 con conexións cos obxectivos investigados, con orixe tamén no sur de España.

A organización contaba con dúas ramas importantes, unha delas estaba asentada no sur de España, concretamente, na provincia de Málaga, coa labor de intermediación entre Marrocos, España e Europa, que eran os facilitadores dos cargamentos aos transportistas, que formaban a segunda rama, operando esta desde Toledo e Madrid. Así mesmo, o intercambio de información entre os corpos policiais permitiu atribuír á organización outros transportes interceptados dos que aínda non se tiña constancia.

Houbo nove rexistros en domicilios de Valdemoro (Madrid), Portillo de Toledo, Novés e Yuncos (Toledo), Mijas, Alhaurín el Grande e Marbella (Málaga), quedando desmantelada a maior parte da organización. A última detención foi a mediados de outubro pasado en Málaga capital, sobre un dos obxectivos principais, cando pretendía hospedarse nun aloxamento turístico con documentación falsa.

A organización utilizaba cooperativas e sociedades das que eran titulares para dificultar o labor dos investigadores á hora de dar cos responsables finais dos transportes utilizados, unha tarefa que se volvía aínda máis complicada cando operaban noutros países debido ás distintas normativas.

Como consecuencia os axentes realizan unha investigación patrimonial para esclarecer outros posibles delitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade