O temporal provoca atrasos e cortes na rede ferroviaria galega
O vento obrigou a reducir a velocidade dos trens entre Madrid e Galicia e provocou atrasos
A circulación ferroviaria entre Os Peares e Santo Estevo do Sil está interrompida
O temporal está provocando incidencias nas liñas ferroviarias. O vento obrigou a reducir a velocidade e causou retrasos de ata unha hora nos trens entre Madrid e Galicia.
E a comunicación entre Ourense e Monforte quedou cortada. O Adif informou dunha incidencia entre Os Peares e Santo Estevo do Sil, no concello de Pantón.
⚠️ Se encuentra interrumpida la circulación entre Os Peares y San Estevo do Sil debido a una incidencia en la infraestructura. Afecta a las circulaciones entre Monforte de Lemos y Ourense.
— INFOAdif (@InfoAdif) February 12, 2026
👩🔧 Se está trabajando para solucionarla a la mayor brevedad posible.
A incidencia detectouse contra as dúas da tarde deste xoves. Foi un tren que saíra de Ourense con destino Lugo o que ao atoparse coa avaría tivo que cambiar o sentido da marcha e regresar á cidade das Burgas ante a imposibilidade de continuar. A partir de aí, suspendéronse o resto de trens.
Renfe estableceu un plan alternativo por estrada para os viaxeiros afectados. Lévaos en autobús aos seus destinos. Ata o momento sería catro os trens que non puideron circular.