Interrompida a circulación de trens entre Ferrol e A Coruña por unha incidencia operativa tras o temporal
Interrompida a circulación de trens entre Ferrol e A Coruña por unha incidencia operativa tras o temporal
Renfe activa transporte alternativo por estrada
Imaxe de arquivo dun panel de horarios de trens (EUROPAPRESS)
A circulación de trens entre Ferrol e A Coruña mantense interrompida dende hai días por unha incidencia operativa derivada dos últimos temporais.
"A compañía está realizando labores de exploración e traballa para restablecela en canto sexa posible".
"As persoas viaxeiras están sendo informadas, e estase facilitando un plan alternativo de transporte por estrada", explican.
A situación non ten relación co accidente dun tren de mercadorías en Cambre, o pasado mércores. Ese tren impactou contra un eucalipto que caera sobre os carrís. Pero esa "incidencia puntual quedou solucionada".