Publicador de contidos
Publicador de contidos

Interceptan unha condutora novel ebria que ía a 216 km/h pola A-54, á altura do Pino

Interceptan unha condutora novel ebria que ía a 216 km/h pola A-54, á altura do Pino

A muller impactou contra outro vehículo que circulaba pola mesma vía

G24.gal 19/01/2022 12:01

A Garda Civil de Tráfico interceptou unha condutora novel de 21 anos que foi detectada cando circulaba a 216 quilómetros por hora nun tramo limitado a 120 no municipio coruñés do Pino e case duplicando a taxa de alcol permitida.

Segundo a Garda Civil, a moza foi sometida ás probas de detección de alcol nas que case duplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida, cun resultado de 0,25 mg/l. A condutora autora da infracción foi detectada nun control preventivo de velocidade, á altura do quilómetro 86 da autovía A-54, no termo municipal do Pino.

Os axentes observaron un vehículo a “unha velocidade manifestamente superior á permitida" e iniciaron un seguimento co fin de notificar a denuncia, cando, debido ao exceso de velocidade, impactou contra outro vehículo que circulaba pola mesma vía.

Tras auxiliar os implicados no sinistro viario, os axentes indicáronlle á moza condutora que debía someterse ás probas de detección de alcol en aire expirado, nas que obtivo resultado positivo de 0,25 mg/ l, cando a taxa máxima permitida para noveis é de 0,15 mg/l.

A condutora foi investigada pola comisión dun suposto delito contra a seguridade viaria, por exceso de velocidade ao superar en máis de 80 km/h a velocidade permitida en autovía. Por este caso, deberá comparecer nos xulgados de Arzúa cando sexa requirida pola autoridade xudicial.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade