Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interceptan no Brasil un narcosubmarino preparado para transportar droga a España

Interceptan no Brasil un narcosubmarino preparado para transportar droga a España

Foron detidas cinco persoas, aínda que a operación continúa aberta e non se descartan novas detencións

G24.gal 02/06/2025 11:52

A Policía Nacional interceptou nunha operación conxunta coa Policía Federal do Brasil, a Polícia Judiciária portuguesa e a axencia estadounidense DEA unha embarcación semisomerxible usada para transportar droga ata as costas españolas.

O semisomerxible foi interceptado o pasado sábado no estado brasileiro de Pará e ata o momento foron detidas cinco persoas, aínda que a operación continúa aberta e non se descartan novas detencións, segundo informou a Policía Nacional.

A operación contou coa participación do Comando de Operacións Tácticas da Policía Federal de Brasil, así como co apoio aéreo dun helicóptero da Forza Aérea brasileira e o apoio marítimo dun buque da Mariña de Brasil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade