Interceptado preto de Tenerife un veleiro con máis de 600 quilos de cocaína
Dirixíase ao arquipélago canario coa droga distribuída en 19 fardos
A operación rematou cos dous tripulantes detidos
Alixo de cocaína atopado na embarcación (Policía Nacional)
Un veleiro con máis de 600 quilos de cocaína foi interceptado no océano Atlántico, en augas próximas a Tenerife, durante unha operación internacional contra o tráfico de drogas na que colaboraron autoridades de Francia, o Reino Unido e os EUA, segundo informacións da Policía Nacional.
🚩Interceptado un narcovelero con más de media tonelada de cocaína
— Policía Nacional (@policia) February 11, 2025
➡️Se dirigía a #Canarias con 600 kilos de cocaína distribuidos en 19 fardos y tuvo que ser abordado por agentes del #GEO que arrestaron a los dos tripulantes
🔗https://t.co/r0re11hbKq pic.twitter.com/VO3SLOYMPf
A embarcación, que navegaba con bandeira polaca, atopábase a 800 millas náuticas ao oeste de Tenerife e dirixíase ao arquipélago canario coa droga distribuída en 19 fardos.
Tras alertar as autoridades policiais en España iniciouse un mecanismo de cooperación internacional coordinado a través do Centro de Intelixencia contra o Terrorismo e o Crime Organizado (CITCO), que deu lugar á interceptación deste veleiro por axentes do Grupo Especial de Operacións (GEO) e arrestaron os dous tripulantes que se atopaban a bordo.