Publicador de contidos

Publicador de contidos

Intensifícanse as protestas en Galicia contra o acordo entre a UE e Mercosur

Intensifícanse as protestas en Galicia contra o acordo entre a UE e Mercosur

Agricultores e gandeiros levarán as súas demandas ás cidades da Coruña e de Lugo

Os tractoristas levantaron o corte da A-52 este mediodía tras tres días de protestas

directo
G24.gal 12/01/2026 09:46 Última actualización 12/01/2026 13:31

A Garda Civil informou do desbloqueo da A-52 ao seu paso por Xinzo de Limia e da recuperación paulatina do tráfico na tarde deste luns tras tres días de protestas de gandeiros e agricultores contra o acordo con Mercosur.

En concreto, ao redor das 6:15 horas deste sábado, gandeiros e agricultores iniciaron o corte da estrada tras alertar da súa intención de bloquear "arterias e vías principais" se saía adiante o acordo en Europa.

"Estamos hoxe aquí para que se nos escoite, porque estamos fartos de que as administracións se pasen a pelota do tellado dunhas a outras, porque cando imos falar cuns din que son competencias dos outros", relatara un dos portavoces da tractorada, Óscar Joga.

Con todo, a pesar da reapertura da autovía, gandeiros avisaron de que as mobilizacións continuarán na cidade, despois de case quince días desde o inicio das concentracións fronte á Subdelegación do Goberno en Ourense. Consideran ruinoso o convenio que vai asinar a Unión Europea co Mercosur que se fará efectivo o vindeiro 17 de xaneiro. 

Este mediodía os gandeiros da Coruña e Lugo uniranse ás protestas. O colectivo Agromuralla e a Asociación Gandeiros Galegos da Supremo convocaron tractoradas en Lugo e, á mesma hora, o Sindicato Galego Labrego manifestarase polo centro da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade