Publicador de contidos

Publicador de contidos

Intensas protestas agrícolas en España con bloqueo de estradas e portos

Intensas protestas agrícolas en España con bloqueo de estradas e portos

Na concentración en Mercamadrid só participaron unha decena de agricultores

Corte na A-66 en Sevilla Corte na A-66 en Sevilla
G24.gal 14/02/2024 16:01 Última actualización 14/02/2024 16:57

As protestas dos agricultores continuaron este mércores co bloqueo de estradas e portos en resposta a unha masiva convocatoria das principais organizacións agrarias a manifestarse en múltiples puntos de España, con especial incidencia en Andalucía e Cataluña.

Os agricultores denuncian a crise que atravesa o campo, en concreto as pequenas explotacións, que ven cada vez máis difícil manter a súa actividade coa subida dos custos de produción e as maiores esixencias ambientais na Unión Europea.

Tamén critican o aumento da burocracia e a entrada de importacións agrícolas de terceiros países.

As organizacións Asaja, COAG e UPA sumáronse o pasado 8 de febreiro ás manifestacións que dous días antes comezou a Plataforma 6F e, xunto con Unión de Unións e Unió Pagesos, contemplan levar a cabo un calendario de máis de 40 accións en febreiro e sumaron unha en Madrid coincidindo co consello de ministros en Bruxelas.

Para este Día de San Valentín a convocatoria chamaba a realizar tractoradas e manifestacións en máis dunha decena de cidades.

En Cataluña, uns 400 agricultores bloquearon a autoestrada AP-7 en Pontós (Xirona), a uns 40 quilómetros da fronteira francesa.

Outro cento de agricultores cortara os accesos ao Porto de Tarragona, aínda que abandonou a protesta a partir das 10:00, tal e como estaba previsto.

En Andalucía, os agricultores fixeron cortes intermitentes desde as 10 da mañá nos principais accesos a Sevilla por estrada e a Andalucía desde a A-4 en Guarromán (Xaén), e bloquearon a entrada ao porto de Motril, Granada.

E en Málaga, os agricultores interromperon a circulación de vehículos na A-92.

En Castela León, uns 600 tractores dificultaron circulación en Valladolid.

En Castela-A Mancha, as manifestacións lograron cortar a A-5 en ambos sentidos en Toledo e Cuenca.

En Teruel producíronse cortes na autovía A-23.

Sen éxito a concentración en Mercamadrid

Non tivo o mesmo éxito a convocatoria para manifestarse ás portas de Mercamadrid, un dos principais mercados almacenistas de España, que apenas contou cunha decena de agricultores.

Esta tarde, o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, preside o Observatorio da Cadea Alimentaria antes da súa reunión só coas organizacións agrarias deste xoves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade