Máis de 300 gandeiros apostan pola conservación das praderías de montaña
Amósanse interesados polo proxecto Life que se vai presentar á Unión Europea con este obxectivo
Máis de 300 gandeiros galegos están interesados en formar parte dun proxecto Life que se vai presentar á Unión Europea, centrado en conservar as praderías e os polinizadores que estes espazos teñen asociados.
No marco das quintas xornadas de desenvolvemento rural Ciencia na Aldea, que se celebraron esta fin de semana en Pena de Nogueira (Negueira de Muñiz), as persoas interesadas e os profesionais afondaron na iniciativa.
Apostan pola gandería extensiva como medio de conservación do medio natural e da diversidade biolóxica nas montañas do sur de Europa.
Nos encontros participou o botánico Bernabé Moya, asesor científico do proxecto Life que van presentar, e conservador das árbores centenarias do vello continente.
A xornada concluíu con tres concertos e coa idea de repetir a experiencia na edición do ano que vén.
