Cargando resultados...
Inseguros e inquedos por mor dun novo alboroto nunha vivenda ocupada de xeito ilegal no centro da Coruña
Inseguros e inquedos por mor dun novo alboroto nunha vivenda ocupada de xeito ilegal no centro da Coruña
Varias persoas volven entrar nun inmoble tapiado hai unha semana polos bombeiros
Piden que se tapie o edificio en condicións para evitar novas ocupacións
G24.gal
13/05/2025 14:04
En estado ruinoso e protexido parcialmente por unha malla metálica. Así está este edificio da rúa Vista, paralela á rúa de Santo André, ao que ás nove da noite deste luns, ocupantes ilegais, volveron acceder.
Un inmoble onde hai unha semana se orixinou un lume no terceiro andar. Por todo isto, na zona hai certa inseguridade e inquedanza.
Piden que tapien o edificio en condicións para evitar novas ocupacións.