Publicador de contidos

Publicador de contidos

Íñigo Errejón espera que Elisa Mouliaá "responda por tantas mentiras"

Íñigo Errejón espera que Elisa Mouliaá "responda por tantas mentiras"

A actriz, por segunda vez, non se presentou para declarar no xulgado pola demanda por calumnias que o exportavoz de Sumar presentou contra ela

G24.gal 24/04/2026 11:24

Íñigo Errejón agarda que Elisa Mouliaá "responda por tantas mentiras", en relación á denuncia que o exportavoz de Sumar presentou contra a actriz por presuntas calumnias e sobre as que estaba citada a declarar este venres.

Porén Mouliaá non acudiu declarar no xulgado, por segunda vez, argumentando que está de baixa e que ademais non debe coincidir co seu presunto agresor.

En declaracións á prensa á súa chegada ao xulgado, Íñigo Errejón mostrouse confiado en que a xustiza "faga responder" a Mouliaá "por tantas mentiras e tantas difamacións".

"Esta é a segunda vez que veño aquí polo mesmo motivo, porque, como vostedes saben, hai un mes a señora Mouliaá decidiu que non se ía presentar, e hoxe parece ser que tampouco vai comparecer. Confío en que a xustiza vai facer que responda por tantas mentiras e tantas difamacións. Só espero que iso suceda máis pronto que tarde", sostivo o expolítico.

Mouliaá e Errejón estaban citados este venres ás 10:30 horas ante o xuíz Arturo Zamarriego, tras a querela interposta por Errejón contra Mouliaá por presuntas calumnias vertidas por ela, ao dicir que extorsionou a testemuñas da causa en que o investigan por presunta agresión sexual á tamén presentadora.

No recurso interposto por Mouliaá, ao que tivo acceso EFE, a defensa lembra que esta querela se interpón "tras a denuncia por violencia de xénero formulada pola querelada".

Por iso esta actuación "adquire unha dimensión que transcende o estritamente xurídico", ao ser "un suposto de victimización secundaria" na que a se ve obrigada "a afrontar un procedemento paralelo derivado dos mesmos feitos".

"A xurisprudencia esixe incorporar a perspectiva de xénero na interpretación do Dereito (...), así como evitar situacións de violencia institucional indirecta (...), principios que resultan claramente comprometidos no presente caso", sostén no escrito a letrada de Mouliaá nesta causa, Elena Vázquez.

Ademais, argumenta que a actriz está de baixa médica por un "trastorno ansioso e duración estimada en 49 días", e que, polo tanto, "atópase nun proceso activo de afectación psicolóxica que resulta incompatible coa esixencia de comparecencia xudicial".

Trátase da segunda vez que Mouliaá non acode ao xulgado, despois de que o pasado 27 de marzo o que era o seu letrado argumentase que se ía operar e previamente ela aducise que estaba de baixa médica.

Agora a actriz cambiou de letrada para este proceso e designou a Elena Vázquez, quen recentemente pediu a maxistrado o arquivo porque a querela se basea en manifestacións feitas en redes sociais "que son presentadas como imputacións falsas de feitos delituosos cando, en realidade, constitúen valoracións subxectivas" emitidas no contexto do procedemento penal no que ela acusa a Errejón de agresión sexual.

A letrada de Errejón, Eva Gimbernat, opúxose á petición de arquivo solicitada pola outra parte, ao entender que ata esta mañá a nova letrada de Mouliaá non estaba acreditada como tal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade