Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inician os trámites para a creación dun polígono agroforestal no val de Lemos

Inician os trámites para a creación dun polígono agroforestal no val de Lemos

Terá unha superficie de 52 hectáreas correspondentes a 200 propietarios

O obxectivo de Medio Rural é rendibilizar terra que non está en produción

G24.gal 24/09/2022 14:44 Última actualización 24/09/2022 17:28

Comezaron os trámites para o desenvolvemento do polígono agroforestal do concello de Bóveda. Supón mobilizar 52 hectáreas, un terreo que está dividido en case trescentas parcelas de douscentos propietarios.

O obxectivo é rendibilizar terras abandonadas e dinamizar o territorio. Primarán, sobre todo, que a recuperación a leven a cabo os propios donos, pero tamén barallan o arrendamento ou a compravenda.

Durante a presentación da iniciativa, o conselleiro do Medio Rural, José González, asegurou que os terreos, de "extraordinaria calidade", poden servir para diferentes usos agrogandeiros. 

Pola súa banda, o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, amosouse partidario de estender o proxecto a todo o val de Lemos porque o sector gandeiro ten "moita necesidade" de superficie para forraxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar