Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ingresado no hospital de Lugo un home de Guntín pola malleira que lle deu un veciño

Ingresado no hospital de Lugo un home de Guntín pola malleira que lle deu un veciño

Agrediuno cun rodo na cabeza que lle afectou ao pómulo e un ollo

O presunto autor ten orde de distanciamento respecto da vítima

G24.gal 04/02/2023 19:53 Última actualización 04/02/2023 20:05

Foi ao pechar as galiñas cando a vítima recibiu a malleira. Supostamente, os autores foron un veciño da aldea de Mosteiro, no concello lugués de Guntín, e o seu fillo.

Daquela non era consciente do sucedido, pero cando a súa muller o viu entrar deseguida o socorreu. Pediu axuda ao fillo, que foi quen o trasladou ao hospital de Lugo, onde está ingresado.

A agresión foi denunciada á Garda Civil, que xa tomou testemuña aos implicados na liorta, veciños da mesma aldea. O ancián ten orde de distanciamento respecto da vítima. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade