Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hospitalizan un home que recibiu unha malleira brutal no paseo do Sarela, en Santiago

Hospitalizan un home que recibiu unha malleira brutal no paseo do Sarela, en Santiago

A vítima é un veciño de 65 anos que camiñaba polo paseo fluvial

O agresor apedreouno varias veces na cabeza e deixouno ferido grave nun ollo

 

 

 

G24.gal 07/07/2026 14:16

Sucedeu na tarde do domingo nun treito do paseo do río Sarela. Un veciño de 65 anos paseaba pola zona cando observou un home bañándose espido no río. Chamoulle a atención e este respondeu cunha violencia extrema.

"Segundo conta o afectado, o suxeito empurrouno, tirouse enriba del e colleu unha pedra para golpealo. Despois pasou unha parella e lles dixo que o home que estaba tirado no chan era un borracho", explica Jon Brokenbrow, presidente da asociación de veciños Río Sarela.

A parella deu a voz de alarma e o agredido foi trasladado ao Hospital Clínico onde permanece ingresado con múltiples contusións polas pedradas na cabeza e unha ferida grave nun ollo. Segundo relatan na Asociación veciñal, o agresor é coñecido na zona.

"Non  é a primeira vez que temos este tipo de problemas con xente moi conflitiva. Este home é coñecido por altercados na zona vella, e vive por aquí polo monte".

A Policía Nacional está a investigar os feitos. Os veciños agardan que deteñan ao presunto agresor canto antes e que nada semellante volva suceder.

"Pedimos que se faga xustiza. Non é posible que xente reincidente coma esta cause situacións deste tipo. Non debería estar solto pola rúa alguén así". 

Nas últimas horas, a Policía detivo un home que protagonizou un altercado na Praza do Obradoiro. Non se descarta que teña relación co sucedido na paseo fluvial de Compostela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade