Cargando resultados...
Ingresa en prisión o fisioterapeuta acusado de abusar sexualmente dunha cativa en Valencia
O Concello de Torrent abre unha investigación do sucedido na Casa de la Dona onde, supostamente, sucederon os feitos
O xuíz ordenou o ingreso en prision do acusado tras interrogalo este xoves
G24.gal
06/05/2022 08:23
Este xoves ingresou en prisión o fisioterapeuta acusado de abusar sexualmente dunha nena de dous anos nun centro municipal de Torrent, en Valencia.
O home, de 30 anos, compareceu este xoves ante o xuíz. Ao parecer, estaba atendendo unha nena con parálise cerebral. O pai da cativa oíuna chorar e ao entrar na sala descubriu o fisioterapeuta abusando da nena.
O Concello de Torrent abriu unha investigación e pediu documentación á empresa concesionaria do servizo de atención temperá na Casa de la Dona, onde sucederon os feitos.