Cargando resultados...
Inflación récord na zona euro
O IPC sobe ata o 10 % por primeira vez desde a implantación da moeda única
Despois de ano e medio, España está por debaixo da media

Antón Montero
30/09/2022 19:58
Última actualización 30/09/2022 20:49
A inflación na zona euro supera por primeira vez os dous díxitos.
Segundo a oficina europea de estatística, en setembro subiu o 10 % en comparación co mesmo mes do ano pasado e 9 décimas máis que en agosto.
A principal causa é a suba dos prezos da enerxía, que se incrementaron preto do 40 por cento.
Por primeira vez en ano e medio, o IPC de España está por debaixo da media da eurozona.