Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ministro de Industria ve futuro en San Cibrao con Alcoa "ou con Alcoa e outra xente"

O ministro de Industria ve futuro en San Cibrao con Alcoa "ou con Alcoa e outra xente"

O ministro Hereu prevé que o 100% das cubas de Alcoa en San Cibrao estean operativas o próximo semestre

Arquivo / Europa Press
G24.gal 12/11/2025 18:11

O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, sinalou este mércores que a previsión do Goberno é que o 100% das 512 cubas na planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao (Lugo) estean operativas o próximo semestre.

Na sesión de control ao Goberno no Congreso, o deputado do BNG, Néstor Rego, dirixiu unha pregunta oral ao ministro para preocuparse polo futuro da fábrica da empresa en Lugo, que carrexa "moitos anos en crises" e está a xerar "moita incerteza" entre os traballadores e a sociedade galega.

Nunha primeira quenda de resposta, o ministro remarcou o papel "estratéxico" do aluminio en moitos sectores como a aviación, a construción ou a electrónica. Polo tanto, Hereu trasladou a Rego a relevancia que ten este material para o Goberno.

Neste contexto, o titular de Industria asegurou que o Executivo está a traballar para garantir a viabilidade e o emprego da factoría en Lugo e para facer posible o futuro de Alcoa en Galicia.

O BNG pide máis concreción

As explicacións do ministro non convenceron a Rego e sinalou que os traballadores da empresa "agradecerían máis concreción". A continuación, o deputado do Bloque denunciou que a empresa se comprometeu a ter para outubro de 2025 todas as cubas activas, pero na actualidade só hai 183 dos 512 totais, equivale a menos do 45%.

Rego tamén denunciou que Alcoa se comprometeu a realizar investimentos para construír un novo forno de ánodos e levar a cabo diferentes melloras no plano ambiental, que agora mesmo non se sabe se se van a executar. Tamén reprochou que a empresa segue deixando caer a posibilidade de vender a planta de San Cibrao, polo que insistiu en pedir a intervención do Estado, aínda que sexa de forma temporal, para evitar que isto suceda.

Na quenda de réplica, o ministro Hereu indicou que na actualidade xa hai máis de 220 cubas activas e espérase que para o próximo semestre todas as cubas de produción estean en funcionamento.

Para resolver o debate, o responsable de Industria e Turismo aseverou que o Goberno está a traballar para garantir o futuro dunha instalación industrial "que é estratéxica para España" e asegurou que o vai a facer con Alcoa ou "con Alcoa e outra xente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade