Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inditex reordena a súa actividade en Cataluña e construirá un novo complexo de oficinas en Sant Adrià de Besòs

Inditex reordena a súa actividade en Cataluña e construirá un novo complexo de oficinas en Sant Adrià de Besòs

Este traslado permitira que o grupo poida continuar incrementando a capacidade loxística dispoñible no complexo de Tordera-Palafolls, desde onde distribúe o produto de Massimo Dutti, Bershka e Oysho a todos os mercados nos que operan estas cadeas

A construción das novas instalacións de Inditex en Sant Adrià, un proxecto cuxa definición se está coordinando coas autoridades locais e autonómica, contribuirá á transformación e mellora urbana da área máis próxima á desembocadura do río Besòs

Jesús Hellín-Europa Press-Arquivo Jesús Hellín-Europa Press-Arquivo
G24.gal 25/02/2025 10:44

Inditex trasladará os equipos dos servizos centrais de Massimo Dutti, Bershka, Oysho e Lefties, actualmente situados no municipio de Tordera, a un novo Campus que construirá no municipio de Sant Adrià de Besòs, na área metropolitana de Barcelona.

Este traslado permitira que o grupo poida continuar incrementando a capacidade loxística dispoñible no complexo de Tordera-Palafolls, desde onde distribúe o produto de Massimo Dutti, Bershka e Oysho a todos os mercados nos que operan estas cadeas, segundo informou este martes.

A construción das novas instalacións de Inditex en Sant Adrià, un proxecto cuxa definición se está coordinando coas autoridades locais e autonómica, contribuirá á transformación e mellora urbana da área máis próxima á desembocadura do río Besòs e do complexo de Les Tres Xemeneias.

A compañía subliñou que o Campus Inditex albergará unhas "modernas" instalacións para os servizos centrais de Massimo Dutti, Bershka, Oysho e Lefties, reunindo actividades de deseño e desenvolvemento de produto, patronaxe, escaparatismo, xestión comercial, e-commerce e tecnoloxía, entre outras. O proxecto, segundo a firma, coidará especialmente tanto o deseño singular destes edificios como a súa integración na contorna urbana.

Plataforma loxística en Tordera-Palafolls

Co futuro traslado a Sant Adrià dunha parte das actividades que actualmente se desenvolven en Tordera, Inditex asegura o futuro crecemento da súa actividade loxística nesta plataforma, na que realiza investimentos recorrentes para o incremento da súa capacidade e a mellora da súa eficiencia.

O Grupo Inditex conta ademais en Cataluña coa sede central de Stradivarius en Cerdanyola del Vallès, co centro loxístico desta marca en Sallent, e cunha rede comercial de máis de 170 tendas. En total, Inditex emprega en Cataluña a máis de 8.500 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade