Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inditex inaugura en Madrid a súa tenda máis grande do mundo, con 9.000 metros cadrados

Inditex inaugura en Madrid a súa tenda máis grande do mundo, con 9.000 metros cadrados

Zara ocupará máis de 7.700 metros distribuídos en catro plantas, entre as que se inclúe unha planta soto cun almacén que permitirá prestar servizo inmediato de reposición

Stradivarius contará con 1.200 metros cadrados, que están distribuídos en dúas plantas, con dous accesos desde a rúa

G24.gal 07/04/2022 10:49

Inditex abre as tendas de Zara e Stradivarius co seu novo concepto e imaxe no Edificio España, situado na renovada praza de España de Madrid, na que será a primeira inauguración de Marta Ortega tras asumir a presidencia do grupo.

O novo Zara, probablemente o máis grande do mundo, e Stradivarius sumarán 9.000 metros cadrados e situaranse entre as principais aperturas que o grupo planea levar a cabo este ano, para o que xa prevé outras inauguracións relevantes da súa marca insignia en Doha, Tokyo e O Porto, entre outras. 

Zara ocupará máis de 7.700 metros distribuídos en catro plantas, entre as que se inclúe unha planta soto cun almacén que permitirá prestar servizo inmediato de reposición. As plantas 1 e 2 ofrecerán as coleccións de señora e incorporarán na primeira delas a nova sección de Cosmética Zara Beauty e a sección de recollida en liña, cun silo robotizado con capacidade de ata 1.500 pedidos.

A planta 3 estará dedicada á sección de cabaleiro e ao novo concepto de tenda de Zara Home, que divide os espazos como as estancias dun fogar, mentres que na planta -1 estará a sección de neno.

A tenda propoñerá ademais zonas de autocobramento e contará coa experiencia Modo Tenda, que está dispoñible a través da aplicación de Zara para todos os establecementos da marca en España.

Xunto aos servizos de reserva de probadores e localización de artigos en tenda, prevé incorporar a nova función Pay & Go, que permitirá que os clientes adquiran as pezas con tan só escanealas a través do móbil.

Stradivarius contará con 1.200 metros cadrados distribuídos en dous andares

Pola súa banda, Stradivarius, cuxa apertura arrincará cunha exposición inmersiva da artista cubana Rachel Valdés, contará con 1.200 metros cadrados que están distribuídos en dúas plantas, con dous accesos desde a rúa.

Dispoñerá, igual que Zara, de Modo Tenda a través da aplicación móbil da marca e de zonas de autocobramento. Os clientes poderán acceder ás novas tendas desde un aparcamento de nova creación e desde a praza, onde se ampliaron beirarrúas e accesos peonís e na que está prevista a planta de máis de 1.300 árbores novas.

As novas tendas enmárcanse na nova estratexia do grupo de contar con establecementos máis grandes e mellor dotadas tecnoloxicamente, polo que incorporan as últimas novidades tecnolóxicas da plataforma integrada de tendas e en liña. Iso permitirá prestar un servizo reforzado ao cliente complementado pola tenda de Internet e mais os últimos avances en sustentabilidade ambiental.

As dúas novas tendas de Inditex dentro do Edificio España incorpóranse ao espazo da Praza de España, que se reformou por mor do proxecto Welcome Mother Nature polo que peonaliza o 90 % do chan e se van plantar máis de 1.300 árbores de máis de 50 especies. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade