Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seguimento desigual do paro convocado na hostalaría de Galicia

Seguimento desigual do paro convocado na hostalaría de Galicia

A maioría do sector decidiu permanecer aberto

A patronal prefire agardar para convocar unha gran folga estatal se non convencen as medidas anunciadas polo Goberno

O peche na Estrada foi masivo e estivo acompañado de mobilizacións na rúa e unha caravana
G24.gal 28/03/2022 14:34

A Estrada simboliza hoxe o descontento dos hostaleiros galegos pola crítica situación que están a vivir por mor da suba xeneralizada de prezos. O paro, acompañado por unha gran caravana pola vila, é case total.

A mobilización que está convocada en Galicia por vinte colectivos dun sector que di non aguantar máis. Os comerciantes sumáronse ao paro dos hostaleiros en moitos puntos da Costa da Morte, como Ponteceso.

O peche é maioritario tamén en zonas de Ourense, como Xinzo. Pola contra, noutros puntos, como Lugo, apréciase normalidade. Comparten as reivindicacións, pero non unha convocatoria así. A postura é semellante á que manteñen as asociacións provinciais e Hostalería de Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade