Publicador de contidos
Publicador de contidos

Incendio sen graves consecuencias nun arrastreiro galego no Gran Sol

Incendio sen graves consecuencias nun arrastreiro galego no Gran Sol

A Garda Costeira irlandesa logrou sufocar as lapas e trasladou a porto o buque galego, coa tripulación sen danos

O Armaven Tres, amarrado nun porto, nunha imaxe de arquivo O Armaven Tres, amarrado nun porto, nunha imaxe de arquivo
G24.gal 09/11/2024 09:53

Susto nun buque galego no Gran Sol. O arrastreiro vigués Armaven Tres, ao que ven nas imaxes amarrado no peirao, tivo que pedir axuda despois de que se declarara un incendio na sala de máquinas na noite do pasado mércores.

Afortunadamente a Garda Costeira irlandesa puido sufocar o lume e trasladar o buque e a tripulación a porto, sen que houbese danos persoais.

Xa no 2021 levara un bo susto ao quedar á valga despois dun golpe de mar que danara o sistema de navegación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos