Publicador de contidos

Publicador de contidos

Declarado un incendio nun edificio ocupado da Coruña pendente de desaloxo

Declarado un incendio nun edificio ocupado da Coruña pendente de desaloxo

Os bombeiros tiveron que apagar as lapas en dous puntos diferentes, aínda que non houbo danos persoais

O edificio afectado ten unha orde de desaloxo por ocupación ilegal O edificio afectado ten unha orde de desaloxo por ocupación ilegal
G24.gal 22/01/2023 09:03 Última actualización 22/01/2023 10:08

Un incendio, nun edificio da Coruña ocupado ilegalmente, obrigou a despregar un amplo dispositivo de emerxencia, aínda que non hai que lamentar danos persoais. 

Sobre as once desta noite, os bombeiros da Coruña recibían o aviso da presenza de lapas no segundo andar dun inmoble da avenida de Oza. Eran dous focos en dous cuartos que obrigaron a brigada a actuar rapidamente para evitar que se espallase ao resto do edificio.  

Tras ventilaren o fume e comprobar que non había ningunha persoa afectada, media hora despois daban por concluída a intervención. O operativo obrigou a cortar parte da avenida, que mantivo o tráfico por un só carril.

Estase a investigar se o lume foi intencionado, xa que as lapas apareceron en dous lugares diferentes e sobre o edificio hai pendente unha orde de desaloxo por ocupación ilegal prevista para finais deste mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade