Cargando resultados...
Incendio sen feridos nunha fábrica de madeira en Porto do Son
O lume orixinouse na tubaxe de aspiración do serradoiro da fábrica e propagouse á moega das serraduras
G24.gal
11/11/2025 14:02
Un incendio orixinado este martes nunha madeireira de Porto do Son desprazou dúas dotacións de bombeiros, o GES de Noia, a Garda Civil e a Policía Local.
O lume orixinouse na tubaxe de aspiración do serradoiro e inmediatamente se propagou ata o outro lado da fábrica nunha moega de serraduras. Por sorte, e aínda que practicamente todo o cadro de persoal estaba traballando nese momento, non quedou ninguén ferido. Á espera de facer avaliación total dos danos na empresa celebran que non fora máis grave.
Contra o mediodía os bombeiros conseguiron finalmente baleirar de serraduras a moega e controlar por completo o lume.