Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio calcina a terraza dun edificio en Culleredo sen causar danos persoais

Un incendio calcina a terraza dun edificio en Culleredo sen causar danos persoais

Tiveron que desaloxar a veciñanza do inmoble de tres andares

G24.gal 04/02/2023 16:35 Última actualización 04/02/2023 21:28

O incendio, que se podía ver de lonxe, sorprendeu pasadas as dúas da tarde á veciñanza de Fonteculler. Na vivenda estaba a súa propietaria, que saíu ao escoitar estalos e ver o lume a través da porta da terraza. 

"Fun á terraza, puxen a lavadora e a secadora e metinme na ducha. Cando saín escoitei ruídos, como estalos, como se caeran cousas. Estrañoume e pensei que andaba alguén nas escaleiras. Mirei pola mira da porta e a porta da terraza está xusto en fronte e xa vin as lapas", conta María José Gestal, propietaria da vivenda.

Ela mesma avisou a veciñanza do lume para que saísen do edificio mentres as lapas calcinaban con virulencia todo o que había na terraza.

"Tiña un dormitorio que sacara de dentro porque o cambiara e uns colchóns, tiña leña porque teño unha lareira no salón e claro era case todo madeira".

Os bombeiros conseguiron sufocar o lume e a investigación aberta determinará as causas do incendio que non deixou danos persoais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade