Publicador de contidos

Publicador de contidos

Incendio na fábrica abandonada de Porcelanas Santa Clara, no barrio vigués de Cabral

Incendio na fábrica abandonada de Porcelanas Santa Clara, no barrio vigués de Cabral

Os traballos de extinción obrigaron a cortar o tráfico en Ramón Nieto

A Policía Científica investiga as causas do lume no interior do inmoble 

G24.gal 07/04/2026 14:23

Unha intensa fumareda negra comezou a saír das ventás da vella fábrica de porcelana a iso das catro da tarde.

Os bombeiros tardaron máis de catro horas en apagar o lume. Os traballos de extinción, coas mangueiras despregadas no asfalto, alteraron o tráfico da avenida de Ramón Nieto.

A Policía Científica inspeccionaba o inmoble esta mañá na busca dalgunha pista que esclareza o sucedido. O edificio é unha ruína onde non consta que viva ninguén de xeito continuado.

Malia que non houbo feridos, os danos materiais poderían comprometer a estrutura do histórico edificio. Os veciños lamentan o estado en que está a que foi unha das fábricas máis prósperas de Vigo.

Agardan que a anunciada construción de máis de 900 vivendas e un parque cara ao río Lagares nesta parcela poña en valor o emblemático inmoble.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade