Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas pelexas separadas por varias horas deixan momentos de tensión na Coruña

Dúas pelexas separadas por varias horas deixan momentos de tensión na Coruña

Unha das leas rematou cunha persoa semiinconsciente

Denuncian consumo de alcol, conflitos cotiáns e escaseza de solucións

G24.gal 07/04/2026 14:30

Son as pegadas da última pelexa que houbo no Orzán. Aconteceu a media tarde deste luns e os implicados foron varios usuarios da Cociña Económica. 

"Onte foi o último episodio violento, pero só un dos moitos que acontecen aquí. Eran tres contra un e déronlle de todo: puñadas, patadas...", explica José Luis Méndez, presidente da asociación de veciños do Orzán.

Ata deixalo semiinconsciente. Unha testemuña foi quen alertou a policía.

"Cando estaban mallando nel, o home non se movía. Estaba semiinconsciente e despois foi recuperando", engade Méndez.

As consecuencias da outra pelexa que tivo lugar contra as once da noite, na terraza desta xamonería de Torreiro, non foron tan graves. A intervención do xerente do local resultou clave para evitar que a lea fose a máis.  

"Eran dous amigos que se pelexaron. Tiveron un problema, meteuse o xerente para separalos, e xa".

Aquí, segundo contan, unha pequena chispa foi dabondo para alterar a normalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade