Publicador de contidos

Publicador de contidos

Incendio na antiga conserveira de Massó en Cangas

Incendio na antiga conserveira de Massó en Cangas

As lapas afectaron sobre todo a antiga gardería da fábrica

G24.gal 15/08/2023 20:17

A antiga gardería anexa á fábrica abandonada de Massó, en Cangas, rexistrou un incendio na tarde deste martes.

Varios particulares deron a voz de alarma pasadas as 18:30 horas. O 112 pasou o aviso á Garda Civil e á Policía Local de Cangas, así como aos bombeiros de Baixo Miño, a Protección Civil de Cangas, ao GES de Mos e aos axentes forestais da Xunta, que traballan no punto para atallar as lapas.

De acordo con a última información trasladada pola Policía Local, o lume afecta a estrutura da antiga gardería do complexo de Massó, hoxe en ruínas, e trabállase no punto para evitar que se propague a outras instalacións.

O fume que emana deste incendio é visible desde o centro de Cangas e desde Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade