Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arde un 'chiringuito' en Praia América, Nigrán, a causa dun incendio intencionado

Arde un 'chiringuito' en Praia América, Nigrán, a causa dun incendio intencionado

O local inaugurárase este xoves e pode perder a festa de San Xoán

G24.gal 16/06/2023 13:41

Sen terraza de pallets, sen revestimento e sen suministración de auga, así quedou un chiringuito de Praia América en Nigrán tras o incendio declarado esta madrugada. Horas despois de que os seus tres donos fixeran unha festa de inauguración. Tamén se perdeu mercadoría como xeados ou patacas fritidas. 

O GES do Val Miñor e os bombeiros do Baixo Miño aplacaron o incendio e cortaron a subministración de auga, xa que se danou a tubaxe e estaba a verter.

A principal hipótese é que o incendio foi provocado xa que non o causou ningún dispositivo eléctrico e empezou por fóra.

Os propietarios conseguiron a concesión tras poxar en sobre pechado máis de 30.000 euros, agora tentarán negociar co Concello de Nigrán.

Levoulles 15 días montar o local, polo que xa dan por perdida a noite de San Xoán, unha das mellores do ano; xa que estas praias acollen as cacharelas de máis sona do sur de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar